lunes, 29 de junio de 2020

Deseño axenda escolar

Como todos os anos, os alumnos encárganse de facer o deseño da portada da axenda que o centro reparte para cada un deles a inicio do curso. Estas son as súas propostas:

 

Vídeo confinamento

Este está a ser un ano moi. moi diferente. Pedimos aos nosos alumnos que traten de conxelar e recoller nunha ou varias imaxes ou un pequeno vídeo o seu confinamento. Reunimos neste vídeo final as imaxes mentais coas que cada un deles recordará este estraño impase.



miércoles, 17 de junio de 2020

lunes, 15 de junio de 2020

Vídeo de ánimo

Os alumnos de terceiro curso da ESO, baixo a supervisión a distancia da súa profesora,  fan un vídeo 


para dar ánimo aos compañeiros e a todo o centro.  



                                                                                  

Debuxo artístico

 Ahí tedes algún exemplos, algúns destes debuxos foron feitos nas ulas, outros pertencen xa ao período do estado de alarma.

Ilustracións tridimensionais


Xunto co departamento de galego, propoñemos aos alumnos un proxecto para etapa de confinamento que consiste na creación dunha ilustración matérica de un poema de: Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro, Martín Códax, Ana María Fernández, Xoán Carlos Domínguez Alberte, mesmo García Lorca...ou dun poema que lles guste especialmente e que eles mesmos elixan. Fabricamos unhas caixas que recollen anacos do mundo...estas caixas conteñen fermosos poemas. Co traballo dos alumnos realizamos un vídeo que fixo que todos nos sentiramos  un pouco máis cerca a través do son das voces.
                      

Nos vídeos podes ver as ilustracións e escoitar as súas voces. A primeira é a versión curta e a seguinte é a longa...ti elixes


                             


                             


                                       

Vídeo de ánimo

Os alumnos de terceiro curso da ESO, baixo a supervisión a distancia da súa profesora,  fan un vídeo para dar ánimo aos compañeiros e a todo o centro.                                                                                    

COVID-19


A partires do día 15 de marzo, e como consecuencia da pandemia do covid-19, remata o ensino presencial e pasa a ser a distancia. Desde esta entrada do blogue e ata que remate o curso, subiremos as actividades que os alumnos van facendo na casa. Actividades deseñadas tendo en conta a situación especial que estamos a vivir. 

Actividades para conmemorar o día 8 de marzo


O día 8 de marzo, día internacional de muller, decidimos facer unha homenaxe interpretando unha icona feminista. Partimos do cartel de J. Howard Miller, de 1943. Colaboran alumnos e profesores do centro, todo aquel que desexe participar voluntariamente.

Actividades para conmemorar o día 24 de febreiro



O  luns 24 de febrerio, nada máis voltar do entroido, o departamento de normalización lingüística do centro organiza un pequeño acto de  celebración do  DÍA DE ROSALÍA: 

Os alumnos de 1º de BAC prepararon a partitura de Pascual Veiga sobre o poema Negra sombra. Leron o manifesto da Asociación de Escritores en Língua galega, sobre o verso de Follas Novas, Errantes polo mundo, e tamén un fragmento d'As viudas dos vivos e as viudas dos mortos.

O departamento de debuxo (a profesora de terceiro curso da ESO) colabora facendo imaxes de Rosalía que decoran a entrada do centro e máscaras para a representación.



Colaboración co departamento de inglés nas actividades do proxecto de intercambio con Irlanda.

Colaboramos co departamento de inglés facendo, cos nenos de cuarto da ESO (que é o nivel para o que se fai o programa de intercambio con Irlanda), un traballo de deseño de letras capitulares. É un traballo que forma parte dunha serie de actividades de “hermanamiento” de vilas de características similares dun e doutro país e traballaban sobre a súa orixe medieval común. Elaboramos tamén un vídeo co proceso de traballo.
                                        

                    

Día da paz

O traballo consistía en escoller unha palabra que representara o significado de paz e crear unha imaxe que reforzara dito significado. A imaxe tería que ser tridimensional.  O alumno tiña liberdade total para elixir o idioma no que escribir a palabra para reforzar o carácter de globalidade e liberdade.

domingo, 14 de junio de 2020

Nadal


O traballo consistiu en facer unha “bola de Nadal”. Para iso os alumnos tiñan liberdade total. O obxectivo final era a creación dunha árbore de Nadal conxunta, feita co traballo de todos e cada un deles. Un de traballo de todos que transmita a ledicia e a maxia desta época... 
     

Día 25 de Novembro; actividades contra a violencia de xénero

Todos os anos realizamos un traballo no que os alumnos dan a súa visión e reflexionan sobre esta lacra social. Este ano diversificamos as actividades por niveis e fixemos varios traballo:
1º da ESO: Cada grupo, nun traballo conxunto, fixo un mural á porta da súa aula de referencia.
3º da ESO e 1º Bac: Creación de imaxes tridimensionais nas que o alumno traballa a partires dunha palabra. O primeiro é  elexir unha palabra que teña que ver coa violencia de xénero, despois tratar de plasmar o sentimento que xera nel esta palabra.



4º da ESO: Vídeos contra a violencia de xénero, algúns exemplos:



Entre todos os grupos facemos una árbore para a entrada do centro, as frores que van caendo recordan ás víctimas da violencia de xénero.


Colaboración do departamento de galego ca actividade “microrrelatos de terror”.


Colaboración co departamento de galego na actividade “microrrelatos de terror” feita con motivo do San Maín. Na materia de debuxo artístico supervisamos a elaboración das ilustracións. Os traballos dos alumnos estiveron expostos no corredor do centro, fronte á biblioteca.
     

Saúdos

Inauguramos este blogue no ano 2020. O obxectivo é compartir con todos vos o traballo dos nosos alumnos.