sábado, 17 de junio de 2023

Intercambio cultural Oporto-proxecto Terra

 Intercambio cultural Oporto- Proxecto Terra

 O “proxecto terra” é un proxecto de cooperación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia co mundo da educación dirixido ás distintas etapas da educación obrigatoria. O proxecto ten como obxectivo colaborar no proceso de construción do coñecemento que os escolares de Galicia deben ter dos espazos e lugares que habitamos. Participamos neste proxecto cos alumnos e alumnas de terceiro curso da ESO na materia de Educación plástica e visual. A nosa proposta de traballo no marco deste programa foi sobre “A arte románica na comarca do Ribeiro”. Contamos coa colaboración do departamento de relixión para poder levalo ao cabo. Decidimos traballar sobre a arte románica na contorna pola gran cantidade de igrexas románicas da comarca. Moitos dos nosos alumnos pertencen ao rural e séntense moi identificados con pequenas igrexas románicas que se sitúan nas aldeas nas que viven, ou preto delas. Esta comarca conta ademais, con construcións románicas salientables. Contamos tamén con publicacións moi específicas a partires das cales puidemos traballar. Temos que agradecer especialmente á publicación “O románico na comarca do Ribeiro” de Xesús Antonio Gulías. Aínda que utilizamos información que atopamos en Internet, a maioría da información para traballar sacámola desta publicación. 

O proxecto Terra oferta aos centros que participan no programa do plan proxecta unha serie de actividades de formación complementaria, entre elas, o intercambio territorial coa cidade de O porto. Os nosos alumnos puideron disfrutar desta experiencia, na que realizamos actividades como: a visita guiada á fundación Serralves, percorridos guiados pola cidade e a visita á casa da música.

 

sábado, 3 de junio de 2023

Día do libro

 

Día do libro

Os alumnos de Proxectos plásticos de segundo de bacharelato festexan o día do libro deseñando a portada dun libro que leron e que significa algo para eles. A entrada do instituto acollerá os traballos ata rematar o curso.



Concurso deseño logotipo e etiqueta

 

Proposta de traballo de actividade: Logotipo produto local: aceites OlivArnoia

Atendendo á proposta dun produtor local de aceite ecolóxico (aceites Olivarnoia, unha sociedade da que forman parte pais de alumnos ou exalumnos do centro), propuxemos aos alumnos o deseño do logotipo e da etiqueta do produto. Participaron no concurso os alumnos de educación plástica de cuarto curso da ESO, proxectos artísticos de primeiro de bacharelato e proxectos plásticos de segundo de bacharelato. Os alumnos de ditas materias elaboraron o logotipo, a folla de presentación do logotipo e aplicación para a etiqueta. Os traballos realizados foron expostos para o xurado, que estivo composto por: A directora do centro, o alcalde de Arnoia, o tesoreiro do concello de Arnoia e tres membros da sociedade titular da empresa produtora. Os traballos elixidos foron os de a alumna Anxela Míguez Fernández, de 4º ESO C, que gaña o concurso da etiqueta e a alumna Lucía Seoane González, de 2º de bacharelato A, gañadora do concurso do logotipo para a empresa. O día 15 de marzo, o alcalde de Arnoia entregou ás dúas alumnas un cheque de 100€ (a cada unha) e a directora do centro os diplomas. A empresa reservase o dereito a utilizar libremente o deseño elixido (aínda que solicitou certas modificacións do traballo co fin de adaptalo e  respectar, no posible, a natureza do traballo de deseño das alumnas). Para a realización do traballo os alumnos e alumnas implicados, trataron de axustarse aos parámetros administrados pola empresa e partiron dun pequeno estudo da natureza da mesma (proceso inicial de deseño).



Visita cultural A Coruña

 

Visita cultural á Coruña

O Museo de Belas Artes de A Coruña no marco do 'Año Picasso 2023' conta cunha  exposición que leva por título 'Picasso, blanco en el recuerdo azul' e  que está composta por un centenar de pezas que repasarán a unión do pintor con Galicia e, en concreto, coa  cidade da Coruña, onde residiu cinco anos durante a súa infancia. Aproveitando esta ocasión, solicitamos a visita para os alumnos do centro (alumnos do bacharelato de artes e alumnos de educación plástica e visual de cuarto curso da ESO).  É una gran ocasión par ver obra do artista.

Completamos a actividade cultural cunha visita á exposición do fotógrafo Steven Meisel. A Fundación Marta Ortega Pérez inaugurou unha mostra sen precedentes na traxectoria do creador neoiorquino nunha nave portuaria intervida como un espello. Steven Meisel é un xigante na historia da fotografía de moda. Os alumnos participaron nun taller sobre iluminación fotográfica.

 

8 de marzo

 

Actividade conmemorativa do día 8 de marzo (día da muller traballadora).

Para conmemorar o día da muller traballadora (8 marzo) decidimos facer un traballo conxunto no que participaron: os alumnos e alumnas de debuxo artístico e proxectos creativos de 2º curso de bacharelato, as alumnas de proxectos artísticos de 1º de bacharelato e os alumnos e alumnas de educación plástica visual e audiovisual de cuarto curso da ESO. O traballo foi realizado por grupos. Os alumnos traballaron sobre unha imaxe fixa (podían facela eles mesmos ou escoller unha imaxe feita). A imaxe debía conter personaxes femininos ou actitudes concretas de mulleres ás que quixeran homenaxear nesta data. O traballo consistiu en interpretar a imaxe elixida con teas. Cores, estampados e texturas cos que reinterpretar unha imaxe para darlle outro sesgo.

Traballos dos alumnos

 Traballos dos alumnos

Aquí podes ver os algúns dos traballos que os nosos alumnos fixeron neste curso.

Charla

 

Charla de anxo Santomil. Organizada polo departamento de orientación do centro para o departamento de debuxo (bacharelato de artes).

O departamento de orientación preparou como actividade complementaria unha charla de Anxo Santomil. A charla tivo como destinatarios aos alumnos do bacharelato de artes. A traxectoria profesional de Anxo Santomil como divulgador e promotor do audiovisual galego é o punto de partida da charla que resulta moi interesante para os alumnos do bacharelato de artes.

 

Taller

 Charlas  na biblioteca: Melimolita e Jotapé

O equipo de dinamización da biblioteca organiza dúas charlas moi interesantes para os alumnos de artes e de debuxo artístico: A primeira corre a cargo  Melimotita. Trátase dunha charla-taller, unha experiencia  moi interesante e moi ben acollida polos alumnos do Bacharelato de artes. A segunda corre a cargo do artísta Jotapé, JP, contratado polo concello de Ribadavia para realizar o mural homenaxe ás hermanas Touza, charla moi, moi interesante e motivadora para os alumnos.

Día da Paz

 

Actividades “Día da paz”.

Os alumnos e alumnas das materias de proxectos artísticos e proxectos plásticos traballaron sobre o deseño dunha intervención no centro que celebrase o día da paz. De todos os proxectos presentados polo alumnos, elixíronse aqueles que mellor se adaptaban ao obxectivo.

O proxecto elixido consistiu en organizar, a través das titorías, a realizacións de mans. Seguindo o modelo proposto, os alumnos de todos os cursos da ESO debuxaron e recortaron mans. As cores usadas son todas as cores  posibles da pel humana. As mans de todos os alumnos  lanzan unha mensaxe conxunta rodeando a entrada do centro. Os alumnos de primeiro da ESO debuxaron palabras relacionadas có concepto da paz, que afianzan a mensaxe.

Os alumnos de cuarto curso da ESO fixeron unha intervención que consistiu en colocar en cada chanzo do corredor unha mensaxe que fomentase a tolerancia.





 

Plan Proxecta: fotografía en curso

 

FOTOGRAFÍA EN CURSO

Trátase dun programa de difusión e pedagoxía da creación dirixido a alumnos desde os 6 ata os 18 anos. En Galicia el CGAI coordina Fotografía en curso en colaboración co Plan Proxecta, iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Participamos neste programa cos alumnos de cuarto da ESO da materia de Educación plástica e visual e coas alumnas de primeiro de bacharelato de artes. Parte dos traballos fotográficos  dos alumnos poden verse no blogue do proxecto. Aquí tedes algunhas mostras: 

Nadal

 

ACTIVIDADES PARA O NADAL

A proposta de traballo do pasado curso foi a  realización dunha paisaxe urbana de Nadal feita con cartón e pintura branca. A idea era que o traballo fose conxunto. Participaron na realización da proposta alumnos de todos os niveis educativos, desde primeiro da ESO ata segundo de bacharelato. Este ano, co fin de reciclar toda esa cantidade de traballo que fixeron o pasado curso, decidimos aproveitar a decoración do Nadal anterior e a idea é que os alumnos “forren” con papeis de cores os traballos do curso pasado. O traballo rematou coa realización dunha postal de Nadal coa que o centro felicitará á comunidade educativa o vindeiro curso.

A postal utilizada polo centro este ano, sae do traballo dos alumnos do curso pasado. A postal gañadora foi a de a alumna: Andrea Vázquez Rivera que cursaba 3º da ESO no curso 21/22. (actualmente curso 4º ESO).

          

Actividades contra a violencia de xénero

Actividades  realizadas polo departamento de debuxo para conmemorar o día internacional contra  a violencia de xénero.

Como cada ano, o departamento de debuxo preparou unha serie de actividades con motivo do día internacional contra a violencia de xénero. Este ano, organizamos o traballo con propostas diferentes por niveis:  Os alumnos de cuarto curso da ESO realizaron imaxes de mulleres en poses complexas, derrotadas e voltas sobre elas mesmas. O conxunto das imaxes crea unha imaxe fragmentada  que forma un conxunto homoxeneo coas imaxes da montaxe dos alumnos de bacharelato. Os alumnos das materias de proxectos artísticos de primeiro curso de bacharelato de artes e proxectos plásticos de segundo curso de bacharelato realizaron unha instalación que consiste na fragmentación dunha imaxe.  A idea pretendía lograr que ao entrar no centro, estiveramos rodeados por fragmentos de imaxes de cor violeta de xeito que tiveramos que facer o esforzo de recompoñelas para entendelas. 





Actividade realizada en coordinación co departamento de galego.

Visita cultural Santiago Compostela

Os departamento de Galego e  Debuxo organizamos unha saída cultural á cidade de Santiago de Compostela. A actividade foi dirixida aos alumnos das materias de: artes escénicas (departamento de galego),  Educación plástica  de 4º da ESO e proxectos artísticos de primeiro  e segundo curso de bacharelato (departamento de debuxo). A actividade tivo lugar o día 11 de novembro e consistiu en ir ao teatro, á obra “N.E.V.E.R.M.O.R.E” de Chévere e unha visita ás cubertas da catedral de Santiago de Compostela.

      

Inicio do curso 2022-23

Arrincamos o curso 2022-23 no IES O Ribeiro.