sábado, 3 de junio de 2023

Concurso deseño logotipo e etiqueta

 

Proposta de traballo de actividade: Logotipo produto local: aceites OlivArnoia

Atendendo á proposta dun produtor local de aceite ecolóxico (aceites Olivarnoia, unha sociedade da que forman parte pais de alumnos ou exalumnos do centro), propuxemos aos alumnos o deseño do logotipo e da etiqueta do produto. Participaron no concurso os alumnos de educación plástica de cuarto curso da ESO, proxectos artísticos de primeiro de bacharelato e proxectos plásticos de segundo de bacharelato. Os alumnos de ditas materias elaboraron o logotipo, a folla de presentación do logotipo e aplicación para a etiqueta. Os traballos realizados foron expostos para o xurado, que estivo composto por: A directora do centro, o alcalde de Arnoia, o tesoreiro do concello de Arnoia e tres membros da sociedade titular da empresa produtora. Os traballos elixidos foron os de a alumna Anxela Míguez Fernández, de 4º ESO C, que gaña o concurso da etiqueta e a alumna Lucía Seoane González, de 2º de bacharelato A, gañadora do concurso do logotipo para a empresa. O día 15 de marzo, o alcalde de Arnoia entregou ás dúas alumnas un cheque de 100€ (a cada unha) e a directora do centro os diplomas. A empresa reservase o dereito a utilizar libremente o deseño elixido (aínda que solicitou certas modificacións do traballo co fin de adaptalo e  respectar, no posible, a natureza do traballo de deseño das alumnas). Para a realización do traballo os alumnos e alumnas implicados, trataron de axustarse aos parámetros administrados pola empresa e partiron dun pequeno estudo da natureza da mesma (proceso inicial de deseño).



No hay comentarios:

Publicar un comentario