sábado, 17 de junio de 2023

Intercambio cultural Oporto-proxecto Terra

 Intercambio cultural Oporto- Proxecto Terra

 O “proxecto terra” é un proxecto de cooperación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia co mundo da educación dirixido ás distintas etapas da educación obrigatoria. O proxecto ten como obxectivo colaborar no proceso de construción do coñecemento que os escolares de Galicia deben ter dos espazos e lugares que habitamos. Participamos neste proxecto cos alumnos e alumnas de terceiro curso da ESO na materia de Educación plástica e visual. A nosa proposta de traballo no marco deste programa foi sobre “A arte románica na comarca do Ribeiro”. Contamos coa colaboración do departamento de relixión para poder levalo ao cabo. Decidimos traballar sobre a arte románica na contorna pola gran cantidade de igrexas románicas da comarca. Moitos dos nosos alumnos pertencen ao rural e séntense moi identificados con pequenas igrexas románicas que se sitúan nas aldeas nas que viven, ou preto delas. Esta comarca conta ademais, con construcións románicas salientables. Contamos tamén con publicacións moi específicas a partires das cales puidemos traballar. Temos que agradecer especialmente á publicación “O románico na comarca do Ribeiro” de Xesús Antonio Gulías. Aínda que utilizamos información que atopamos en Internet, a maioría da información para traballar sacámola desta publicación. 

O proxecto Terra oferta aos centros que participan no programa do plan proxecta unha serie de actividades de formación complementaria, entre elas, o intercambio territorial coa cidade de O porto. Os nosos alumnos puideron disfrutar desta experiencia, na que realizamos actividades como: a visita guiada á fundación Serralves, percorridos guiados pola cidade e a visita á casa da música.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario