Salida organizada por el departamento de Dibujo en colaboración con el departamento de religión
"Despois de recibir durante o curso coñecementos sobre a arte ao longo da historia, o alumnado de 1º de Bacharelato A, da materia de Fundamentos da arte, dispuxémonos a visitar os lugares máis emblemáticos da nosa vila, Ribadavia.
A saída foi o xoves 3 de Xuño, foi organizada polo departamento de Debuxo e Relixión.
O primeiro que visitamos foi o convento dos franciscanos e a igrexa de San Antonio de estilo barroco. A continuación visitamos as igrexas románicas de Santa María da Oliveira, San Xoán e Santiago. Tamén demos un pequeno paseo polo Barrio Xudeu e accedemos ao interior do Castelo dos Condes de Sarmiento.
Para finalizar visitamos a igrexa de Santo Domingo de estilo gótico mendicante".
Ismael Sotelo Villar
No hay comentarios:
Publicar un comentario