LETRAS GALEGAS
Este ano as letras galegas están dedicadas á figura do poeta, tradutor, editor, escritor e activista Florencio Delgado Gurriarán. Os departamento de galego e debuxo organizaron, coordinados polo departamento de normalizalización lingüistica, unha serie de actividades conmemorativas. Ao departamento de debuxo correspondéronlle as seguintes :
1º e 2º de bacharelato: exposición de fotografías realizadas polos alumnos. Pedimos aos alumnos de primeiro e segundo de bacharelato que fixeran unha fotografía dos seus avós. Ademais de coidar os aspectos básicos da fotografía (encadre, iluminación, angulación…), con esta práctica pretendemos fomentar que esta xeración se achegue a aquela da que está máis afastada deles por idade, aínda que lle sexa próxima e querida: os avós. Pedímoslles que tratasen de captar a imaxe dunha xeración cuns costumes e forma de vida que parecen perderse.
3º ESO: Os alumnos de terceiro da ESO realizaron ilustracións tridimensionais dos versos dos poemas do autor elixidos polo departamento de dinamización. Para realizar o traballo utilizamos unha caixa pintada de negro que no interior contiña os versos do poeta xunta os obxectos que configuraban una ilustración matérica inspirada polos poemas.
1º Bacharelato: Os alumnos de primeiro de bacharelato realizaron un retrato para homenaxear a Florencio. O retrato foi exposto na entrada do centro co resto dos traballos e permanecerá na biblioteca, xunto co grupo de retratos de gran formato realizados para cada edición das letras galegas. A característica destes retratos é que están feitos con imaxes referidas á vida, obra, traxectoria... do autor. Este ano a figura de Florencio representa “por primeira vez” os galegos que foron desterrados por causas políticas, xa que el tivo que exiliarse a México. Isto é o que pretendimos recoller na imaxe e así o fondo está inspirado no país do exilio e a figura do autor está formada por imaxes de Galicia.