sábado, 18 de junio de 2022

 CINEMA EN CURSO 

Saída a Santiago de Compostela para a asistir á proxección da curtametraxe realizada polos alumnos: 

 O departamento de debuxo participou no curso 2019-20 no plan proxecta, nun programa ofertado pola consellería de Cultura, Educación e Universidade e desenrolado polo centro galego de artes da imaxe denominado “Cinema en curso”. Ao verse interrompido o curso por causa da pandemia provocada pola COVID, tivemos que realizar a actividade a través de conexións on line. O traballo final consistiu en rodar unha curtametraxe. Durante as conexións on line os alumnos planificaron o traballo que finalmente  levouse a cabo con todas as precaucións necesarias. A película rodouse pero quedou pendente a proxección na filmoteca de Santiago e tampouco puido facerse durante o pasado curso por problemas de aforo derivados da pandemia. Neste curso, nos comunican a proxección do traballo dos nosos alumnos dentro do festival de cine “cineuropa”, en Santiago de Compostela. O equipo de traballo do programa de “cinema en curso” elixe para proxectar dentro do festival tres curtametraxes realizados nos programas do curso pasado e o traballo dos nosos alumnos que, aínda que pertence ao ano anterior, 2019-20, inclúese polas especias circunstancias nas que foi levado a cabo. O grupo de traballo  que participou no programa levou aos alumnos que fixeron a película á proxección, para que poidan presentala no festival.  A proxección tivo lugar as 18:00 do martes 24 de Novembro

Aquí tenéis su trabajo:

     

'A pesar de todo', IES O Ribeiro (Ribadavia) from Cinema en curs on Vimeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario