DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Este traballo foi levado ao cabo polos alumnos de terceiro curso da ESO a través das titorías. Cada alumno escolleu unha figura feminina que lle resultaba especialmente inspiradora, e traballou sobre ela. Despois de recabar a información necesaria sobre a personaxe fixeron o traballo. O traballo contiña un pequeno texto no que o alumno explicaba o motivo polo que a escolleu. Co fin de lograr un resultado visualmente uniforme, elixiuse unha imaxe que aparecera con igual función en todos os traballos. A imaxe elixida (unha lámapa de cor laranxa) tiña dobre finalidade: ademais de unificar visualmente o conxunto, facía referencia ao mundo das ideas e completaba así o contido do traballo titulado “Mullereres que locen”. Completan a tarefa carteis realizados tamén por alumnos de terceiro da ESO cunha base moi similar á anterior. Neste caso, a imaxe é unha man de cor laranxa pero, ao contrario ca a lámpada, non ten unha localización fixa. É o alumno o que decidirá como e onde colocala e a posición que ocupe terá un significado de xeito que a imaxe creada apoie a idea que defende o texto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario