sábado, 18 de junio de 2022

 Curso 2021-2022

Como cada ano, abrimos o blogue do departamento de debuxo co traballo sobre a violencia de xénero. Cada curso, o departamento de debuxo prepara unha serie de actividades polo día internacional contra a violencia de xénero. O obxectivo é provocar unha reflexión nos alumnos e facer visible e evidente un problema que ás veces se converte en noticia habitual e nun comportamento tan común, que se volve invisible. Tratamos de evitar que isto ocorra facendo un traballo baseado na reflexión e desenvolto en  propostas creativas adaptadas ás idades e características dos alumnos de cada curso.

As  propostas foron estas:

3º ESO: Os alumnos fixeron un quebracabezas para colocar na entrada do instituto. O traballo consiste en facer pezas nas que podemos ver siluetas e nomes de mulleres cun fondo morado (cor que representa a igualdade). As pezas unidas representan o apoio ás vítimas de violencia de xénero. 

1º e 2º de Bacharelato:
Os alumnos de bacharelato realizaron un conxunto de figuras, maioritariamente soas ou illadas. A intención do traballo é visibilizar a soidade e o illamento que senten estas vítimas sumado á dificultade de saír da situación, vista por elas como un salto ao baleiro. Aínda que o traballo trata de facer visible o sentimento de angustia e indefensión, a mensaxe que intenta transmitir o traballo, é unha mensaxe de apoio, “non estás soa”.


No hay comentarios:

Publicar un comentario