sábado, 18 de junio de 2022

 DÍA DA PAZ

Na materia de proxectos creativos traballouse no deseño dunha intervención no centro que celebrase o día da paz. De todos os proxectos presentados polo alumnos  elíxíronse aqueles que mellor se adaptaban ao obxectivo. As propostas elixidas foron materializadas polos autores coa axuda dos compañeiros da clase  e consistiron no seguinte:

Pombas da paz de papel, colgadas do teito, cubrindo a entrada do centro e por todo o corredor da planta Baixa. Na entrada, a decoración das pombas completábase coa palabra “PAZ” de gran tamaño feita con material reciclado (botellas de plástico). No teito do primeiro andar reutilizamos o traballo da paz do curso pasado (follas azuis con pombas da paz debuxadas a partir da pegada da man de todas as persoas que convivimos no centro). As follas simulaban os pixels dunha imaxe dixital formando a palabra “PAZ” en dúas dirección.

Os autores dos proxectos que se levaron ao cabo foron: Irene Iglesias Macías,  Sabela Pérez Taboada e Gabriel Rodríguez Canda.

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario