sábado, 18 de junio de 2022

 DESEÑO DE ETIQUETAS E LOGOTIPO DO CENTRO

O pasado curso o centro decidiu convocar, por iniciativa dos profesores do ciclo, un concurso de etiquetas para os produtos elaborados polos alumnos de industrias alimentarias (aceite, viño e marmelada). O traballo de deseño das etiquetas levouse ao cabo nas materias de proxectos creativos de primeiro e segundo de bacharelato e rematou neste curso, sendo Lara  Álvarez de 2º Bach a gañadora, que recibiu o premio o día da graduación de segundo de bacharelato. 

Das conversas mantidas no proceso de concreción do concurso xurdiu a idea da realización dun logotipo de centro. De novo na materia de proxectos  (con alumnos de primeiro e segundo de bacharelato) os alumnos foron os que realizaron os traballos de deseño dos logos. O que en principio era un só concurso evolucionou a dous: etiquetas e logotipo do centro. 

Para a elección dos traballos gañadores o equipo directivo do centro nomeou un xurado no que aparecían representados todos os sectores da comunidade educativa. Eliska Piños, de 1º bacharelato B, foi a gañadora do concurso do logotipo do centro.

                                
Etiqueta gañadora: Lara Álvarez Suárez



Logotipo gañador: Eliska Piños 


Logotipos deseñados polos alumnos do centro:

      

Etiquetas deseñadas polos alumnos do centro:        

      
   

No hay comentarios:

Publicar un comentario